18.07.2025 | 17.30h
Aula Magna

A décimo terceira promoción do grao en Química celebrará o 18 de xullo a súa graduación nun acto que presidirá a vicerreitora de Política Científica da USC, Pilar Bermejo Barrera, ás 17.30 horas na Aula Magna do centro.
Na cerimonia intervirán os estudantes Xoan Abalo Romero e Hugo Castro Castro, así como a madriña e padriño da promoción, Isabel García Santos e Antonio Sousa Pedrares, do Departamento de Química Inorgánica, respectivamente.
Previo á imposición de bandas e entrega de obsequio do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, tomará a palabra o seu decano-presidente, Manuel Rodríguez Méndez, e xa despois fará o propio o decano da Facultade, Jesús Sanmartín Matalobos.