Ir o contido principal

Acto de graduación da XVI promoción de Enxeñaría Informática

12.07.2025 | 17.00h

Edificio Fontán (Cidade da Cultura)
Santiago de Compostela

Edificio Fontán
Edificio Fontán

A XVI promoción do grao en Enxeñaría Informática celebra o sábado 12 de xullo, ás 17.00 horas, o seu acto de graduación. A cerimonia desenvolverase no Edificio Fontán, na Cidade da Cultura, baixo a presidencia da secretaria xeral da Universidade de Santiago, Dulce María García Mella. 

No acto intervirán ademais Cristian Novoa González e Iria Álvarez Blanco en representación do estudantado; Dora Blanco Heras e José Varela Pet, madriña e padriño da promoción; o director do Departamento de Electrónica e Computación, Manuel Lama Penín; e a secretaria da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Nelly Condori Fernández.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.07.2025.