A sétima edición do Congreso Internacional sobre Viroloxía Ambiental e de Alimentos transcorre do 16 ao 20 de maio na Facultade de Bioloxía da USC
O salón nobre do Colexio de Fonseca acollerá o luns 16 e maio de 2022, ás 16.30 horas, o acto de inauguración do 7º Congreso Internacional sobre Viroloxía Ambiental e de Alimentos que organiza a International Society of Food and Environmental Virology (ISFEV).
O reitor da USC, Antonio López Díaz, presidirá o evento que contará coas intervencións do profesor Albert Bosh, docente na Universidade de Barcelona e presidente da ISFEV; do decano da Facultade de Bioloxía e presidente do comité organizador do simposio, Jesús López Romande; e da profesora Mary K. Estes, do Baylor College of Medicine (Houston, EUA), quen pronunciará a conferencia Miniguts: avatars for cultivating human noroviruses for Food and Environmental Virology Applications. Intervirán tamén persoas en representación do Concello de Santiago e de Alumni USC.
O 7º Congreso Internacional sobre Viroloxía Ambiental e de Alimentos desenvólvese do 16 ao 20 de maio na Facultade de Bioloxía da USC. Esta edición centrarase na investigación básica e aplicada nas áreas de seguridade alimentaria e impacto dos virus na saúde, estabilidade e inactivación viral, tecnoloxías emerxentes para procesos de desinfección e tratamento viral, seguimento da fonte, avaliación de riscos, epidemioloxía ou o impacto. do cambio climático sobre a aparición de virus, entre outras cuestións.
Organizado pola ISFEV, o congreso conta con financiamento da Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22, e coa colaboración da USC, a Deputación da Coruña, Promega, Enviromental Science & Tenchology, Biomèrieux, Celta ingenieros, GPS -Genetic PCR Solutions, ALS Laber, Portomédica e Proquinorte.
Pódese atopar máis información sobre o evento na súa páxina web.