Ir o contido principal

Acto de ingreso de Miguel Taín Guzmán na Academia Xacobea

30.05.2023 | 18.30h-20.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

O evento arrancará ás 18.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca

O catedrático Miguel Taín ingresará na Academia Xacobea. FOTO: Santi Alvite
O catedrático Miguel Taín ingresará na Academia Xacobea. FOTO: Santi Alvite

O catedrático Miguel Taín Guzmán, director da Cátedra do Camiño e as Peregrinacións, ingresará o martes 30 de maio como membro de número da Academia Xacobea, nun acto que se desenvolverá ás 18.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

O evento contará coas particpacións do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade Román Rodríguez, do reitor da USC Antonio López, do presidente da Real Academia Xacobea Jesús Carlos Palmou Lorenzo, da vicepresidenta da entidade María Josefa Sanz Fuentes e do secretario desta institución Ulises Bértolo García. Tras a lectura do discurso de ingreso por parte de Miguel Taín, o exreitor da USC Darío Villanueva ocuparase da súa contestación. 

 

Miguel Taín Guzmán

O profesor Taín Guzmán centra a súa investigación arredor de diversas liñas sempre relacionadas co Camiño, a catedral, a cidade e a peregrinación. Nos últimos anos ten desenvolvido diversas estadías en centros de investigación internacionais como o Kunsthistorisches Institut de Florencia do Max-Planck-Institut; Villa I Tatti-University of Harvard; a Brandenburg Research Academy and International Network (BRAIN)-Marie Curie Fellowship no departamento de Historia da Arquitectura da Brandenburgische Technische Universität de Cottbus de Alemaña ou no Pilgrimage Studies Institute do College William and Mary en EEUU.

Ademais de distintas responsabilidades de xestión asociadas á Facultade de Xeografía e Historia, é fundador e co director do curso de verán internacional da USC ‘Lección Xacobeas Internacional da USC’ dende 2007, ademais de membro do Comité Español de Historia da Arte dende os anos 90, da Sociedade Española da Historia da Construción dende a súa fundación en 1996, da Construction History Society de Londres dende 2012 e representante de España no International Committee of the History of Art (CIHA) entre 2007 e 2013.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2023.