Ir o contido principal

Acto institucional da Escola de Práctica Xurídica

16.05.2025 | 19.30h

Santiago
Salón Nobre

Ademais, de despedir á primeira promoción primeira promoción do Mestrado Universitario de Avogacía e Procuradoría, no mesmo acto recoñecerase a colaboración do presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro, e o maxistrado Emilio Fernández de Mata

A xornada desenvolverase no Colexio de Fonseca
A xornada desenvolverase no Colexio de Fonseca

O Colexio de Fonseca acolle este venres o acto despedida da primeira promoción do Mestrado Universitariod e Avogacía e Procuradoría (2023-2025) nunha sesión ás 19.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. No acto daranse cita máis de 300 persoas para despedir esta primeira promoción co mestrado que imparte a USC en colaboración cos Colexios de Avogacía e de Procuradores de Santiago e a Escola de Práctica Xurídica e recoñecer a colaboración das institucuións e profesionais que participan nas actividades formativas da Escola.

Na xornada participarán representantes do cadro docente da USC, profesorado externo e titores/as de prácticas externas, da Comisión Académica da titulación, das organizacións colexiais implicadas, da Consellaría de Xustiza, da xudicatura e da fiscalía compostelá, así como da administración local, forzas e corpos de seguridade ou establecementos penais, entre outros.

No transcurso do acto, serán obxecto dun recoñecemento especial, polos seus anos de colaboración coa Escola, Andrés Lago Louro, presidente do Consello Consultivo de Galicia (ex xuíz decano dos Xulgados de Santiago) e Emilio Fernández de Mata, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2025.