María Emilia Casas Baamonde foi a primeira e única muller Presidenta do Tribunal Constitucional e a primeira muller en obter en España unha cátedra en Dereito do Traballo

O libro 'Las respuestas del Tribunal de Justicia a las cuestiones prejudiciales sobre política social planteadas por órganos jurisdiccionales españoles' dirixido polos profesores Javier Gárate Castro e Yolanda Maneiro Vázquez, é un homenaxe a María Emilia Casas Baamonde, e será presentado este venres con motivo do nomeamento desta como Doutora honoris causa pola USC.
No evento, que será difundido de forma virtual, participarán o reitor da USC, Antonio López Díaz, a decana da Facultade de Dereito, Ana Gude Fernández, e Javier Gárate Castro, xunto coa homenaxeada.
O libro recolle preto de 80 contribucións dos profesores da disciplina da USC e de mais de 30 universidades españolas, e de antigos presidentes e maxistrados do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo.