Ir o contido principal

Acto de recoñecemento aos mellores expedientes da ABAU

22 de xuño de 2023 | 17.30 horas

Multiusos Fontes do Sar
Santiago de Compostela

USC, UDC e Uvigo participan este xoves 22 de xuño ás 17.30 horas no acto de recoñecemento ao estudantado dos centros de Ensino Medio que acadou os mellores expedientes nas ABAU

Recoñecemento ABAU
Recoñecemento ABAU

Preto de 4.000 persoas tomarán parte no acto de recoñecemento ao estudantado de Bacharelato que tomou parte nas ABAU e que ten unha nota de acceso á universidade de sobresaínte. Desenvolverase o xoves 22 de xuño ás 17.30 horas no Multiusos Fontes do Sar e contará coas intervencións do reitor da USC, Antonio López; os seus homólogos nas Universidades da Coruña e Vigo, Julio Abalde e  Manuel J. Reigosa; da alcaldesa do Concello de Santiago, Goretti Sanmartín e do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Celso Rodriguez Fernández, delegado do reitor da USC para o Ensino Medio, exercerá de moderador do evento e fará o chamamento para a entrega de diplomas ao  estudantado galardonado, que supera o millar de persoas. Canda os reitores das tres universidades públicas galegas, a alcaldesa de Santiago e o presidente da Xunta, o acto de entrega contará tamén coa participación de Natalia Caparrini Marín, Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da UVigo; María Jesús Movilla Fernández, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC; Dulce Mª García Mella, secretaria xeral da USC; Pilar Murias Fernández, vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC; Olga López Rocamonde, concelleira de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores do Concello de Lugo; Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde do Concello de Pontevedra; Mª del Carmen Pieltain Fernández, concelleira delegada de Mobilidade e Seguridade do  Concello de Ferrol; Francisco J. Fraga López, vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo da USC; María José Lombardía Cortiña, vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade da UDC; Alfonso Lago Ferreiro, vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente da UVigo; e Susana Reboreda Morill, vicerreitora de Extensión Universitaria da UVigo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2023.