Ir o contido principal

Acto de recoñecemento aos mellores expedientes do Ciclo Superior de Formación Profesional

12.06.2024 | 17.30h

Lugo
Auditorio

A sesión serve para distinguir estudantado que obtivo unha nota de sobresaínte nos seus estudos e se matriculou nas probas ABAU

Facultade de Veterinaria. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Veterinaria. FOTO: Santi Alvite

O auditorio de Veterinaria acolle este mércores 12, ás 17.30 horas, o acto de recoñecemento ao estudantado do Ciclo Superior de Formación Profesional que obtivo unha nota de sobresaínte nos seus estudos e se matriculou nas probas ABAU.

Tamén participarán no acto a secretaria xeral, Dulce María García Mella; Francisco Fraga, vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo; Ernesto X. González Seoane, vicerreitor de Profesorado; Maite Flores Arias, delegada do reitor para Ensino Medio; Mª Eugenia Pérez Fernández, directora xeral de Formación Profesional; Olga López Racamonde, concelleira de Benestar Social e Maiores do Concello de Lugo; Jorge Bustos Atanasio, Concelleiro de Xuventude e Deporte, do Concello de Lugo; Miguel Fernández Méndez, deputado da Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento da Deputación de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.06.2024.