Ir o contido principal

Faíscas Culturais

A actualidade de Shakespeare

28.03.2023 | 18.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Unha nova vaga de 'Conversas con Shakespeare' acende a reflexión e o debate arredor dos textos do autor nas aulas e espazos da USC

Faíscas Culturais acende a reflexión e o debate arredor de Shakespeare nas aulas e espazos da USC
Faíscas Culturais acende a reflexión e o debate arredor de Shakespeare nas aulas e espazos da USC

O programa 'Faíscas Culturais' leva á Facultade de Filosofía unha nova conversa arredor da última produción do Centro Dramático Galego (CDG) Shakespeare en Roma. A dramaturga Lorena Conde participa neste faladoiro  que partir do texto Tito Andrónico (1594), un dos catro que conforman esta novo do CDG, para afondar na concepción filosófica e antropolóxica do teatro do xenio inglés e na visión do mundo que este reflicte. A dramagaturga desta versión da peza, Lorena Conde e os docentes Jorge Sacido e Manuel García, da Facultade de Filoloxía da USC, tomarán parte nesta conversa co alumnado.

Xavier de Donato Rodríguez e Óscar Parcero Oubiña coordinan esta actividade que se desenvolverá o 28 de marzo ás 18.00 horas no Salón de Actos do centro. Especialmente dirixida ao alumnado das materias do Grao de Filosofía e do Seminario de Artes Escénicas, está aberta tamén ao resto da comunidade universitaria.

Shakespeare en Roma

O espectáculo Shakespeare en Roma  ofrece unha versión concentrada dos textos, Tito Andrónico (1594), Xulio César (1599), Antonio e Cleopatra (1607) e Coroliano (1609) nos que xenio inglés sitúa a acción no Imperio Romano para, desde o seu tempo, reflexionar sobre o poder. Nace como una oportunidade para unir tres momentos da historia: o presente, o periodo Isabelino e a Roma Clásica a través da guerra, a violencia e a loita polo poder que guían o destino dos personaxes.

Con dirección de Rui Madeira, María Barcala, Xúlio Lago, Sara Rey e Quico Cadaval, poranse en escena versións destiladas das catro pezas a través do ollar de catro dramaturgos e dramaturgas. Versións condensadas en 35 minutos cos que compartir co público de hoxe a reescrita dos textos shakespearianos co foco posto nalgunha das personaxes secundarias presentes nos orixinais.

As catro pezas poranse en escena en no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela para achegar ao público ao ambiente isabelino no que se escribiron os orixinais. Un xogo escénico no que oito intérpretes darán vida ás diferentes personaxes nunha posta en escena de proximidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.03.2023.