Ir o contido principal

Curso

Mais alá de París: A Antropoloxía do Mundo Antigo en Italia

17.11.2022-18.11.2022 | 09.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Sala de Profesorado

Promovido polo Grupo SÍNCRISIS de investigación en formas culturais

Mais alá de París: A Antropoloxía do Mundo Antigo en Italia
Mais alá de París: A Antropoloxía do Mundo Antigo en Italia

O 17 e 18 de novembro, a Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia acolle o curso 'Mais alá de París: A Antropoloxía do Mundo Antigo en Italia". O coordinador da proposta, Francisco Javier González García,  abrirá a quenda de confederencias ás 9.00 coa ponencia '“La recepción de la antropología histórica del mundo antiguo en España', que irá seguida di relatoro do profesor da Universitá di Pisa, Riccardo di Donato, da Università “Storicità del pensiero mitico: per una antropologia storica del mondo antico'. Tras o descanso, Andrea Taddei, tamén da Università di Pisa pronunciará a conferencia 'Diritto e civiltà in Grecia antica: alcuni esempi' o que dará paso a un debate sobre todas as intervencións que porá fin á xornada. 

O venres 18 de novembro, será o investigador da Università di Siena, Maurizio Bettini quen abra o turno de intervencións coa ponencia 'Antropologia del mondo antico: fas, fatum e la potenza della parola a Roma'. Xusto despos,  Carmine Pisano, da Università di Napoli Federico II, impartirá a conferencia  ' L’autorità nel mondo greco antico: dai basileis di Omero agli hieromenoi di Cheronea', e será Irune Valderrábano González, da USC, quen peche as interevencións do día con 'Sobre la polisemia socio-cultural del azafrán en la Grecia antigua'. De novo, unha sesión de debate porá fin ao curso. 

Trátase dunha actividade recoñecida cun crédito de libre configuración polo Programa de Doutoramente de Historia da Arte e Xeografía. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2022.