Salón de Actos
O ciclo de relatorios ‘O furo do medio rural no noroeste peninsular’ celebra unha nova sesión este luns a partir das 16.00 horas, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

O ciclo de conferencias ‘O futuro do medio rural no noroeste peninsular’, unha iniciativa promovida pola Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais (SEIAF) en colaboración co Campus Terra da USC, continúa este mércores na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría dunha nova sesión de debate na que docentes da USC e da Universidade de Oviedo, así como representantes políticos de entidades locais de Galicia e Asturias, achegarán os seus respectivos puntos de vista respecto da alimentación nas ganderías de bovino e o futuro da seguridade alimentaria.
O alumno da EPS de Enxeñaría e presidente da Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais (SEIAF), Andrés Osoro, moderará, a partir das 16.00 horas, no salón de actos do centro universitario lugués, esta nova sesión do ciclo ‘O futuro do medio rural no noroeste peninsular’.
O investigador Adrián Botana, do CIAM, abrirá a quenda de intervencións coa charla ‘A alimentación nas ganderías de leite e de carne ata os nosos días e como adaptarnos ao futuro’. De seguido, Ángel Ruiz, da Universidade de León, ofrecerá o relatorio ‘Sustentabilidade económica: modelo de desenvolvemento en vacún de carne en Cantabria’. A investigadora da USC Ana Roca pechará a primeira quenda de intervencións co relatorio ‘Aproveitamento sustentable dos recursos forraxeiros pola gandería de vacún de leite’.
O futuro do sector lácteo e os posibles cambios na gandería de leite; o futuro dos pensos nas explotacións de vacún e os retos da seguridade alimentaria no contexto actual, serán outras das temáticas abordadas nesta sesión da man de representantes de Capsa Food, Campoastur e de Rosa Urdiales, da Sociedade Española de Seguridade e Calidade Alimentaria.