Esta acción formativa está enfocada cara aos sectores da saúde e das tecnoloxías farmacéuticas, por ser as empresas que conforman o ecosistema do proxecto Bioincubatech

Bioincubatech desenvolverá un ciclo de 25 almorzos formativos, en formato en liña, con relatores de referencia en biotecnoloxía dos sectores da saúde e agroalimentario. Este formato permitirá que o cadro de relatores e relatoras expoñan a súa experiencia e coñecementos e así xerar un debate a modo de ‘think thank’, compartindo coñecementos e iniciativas aplicables a proxectos e empresas galegas. Durante as sesións, dunha duración aproximada de 90 minutos, ademais da intervención principal de cada especialista haberá a opción de acceder a encontros privados para o intercambio de dúbidas e consultas específicas.
Sendo necesario formalizar unha inscrición, os encontros distribúense en cinco ciclos doutros tantos almozos, cada un, ata completar 25 seminarios. As primeiras sesións celebraranse os días 19, 20, 21, 26 e 29 e continuarán nos próximos meses con novos relatores e temáticas enfocadas en xerar traballo colaboratorio e redes de colaboración especializadas.