23.04.2021 | 19.30h
Evento organizado pola Área de Cultura da USC

O alumnado da Escola de música que Laura Morgade Pinar ten en Ares visitará o Paraninfo da Universidade, nun encontro no que os nenos e as nenas de 6 a 14 anos amosarán as súas aprendizaxes nun concerto familiar de balde.
En aplicación do protocolo COVID-19 no relativo á capacidade da sala, as persoas interesadas en asistir a este concerto deberán reservar praza enviando un correo electrónico a area.cultura [at] usc.gal (area[dot]cultura[at]usc[dot]gal), indicando o seu nome, apelidos e teléfono, desde unha semana antes do concerto e ata o día do concerto ás 12.00 horas.