Ir o contido principal

Non te amola!, de Xela Arias, en Formación do Profesorado

10/05/2021 - 17.30 horas

A profesora da USC na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo e biógrafa de Xela Arias, Montse Pena Presas, presenta o libro inédito da autora sarriá Non te amola!.

Imaxe da portada do libro
Imaxe da portada do libro

A profesora da USC na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo e biógrafa de Xela Arias, Montse Pena Presas, presentará o vindeiro 10 de maio, a partir das 17.30 horas, no centro universitario lugués, o libro inédito da autora sarriá Non te amola!.

Este volume, un libro infantil que permaneceu inédito desde a súa escrita nos anos 90 ata a actualidade, permite afondar no coñecemento da nena Xela, sobre todo da súa infancia en Sarria e das súas relacións familiares.

A presentación deste libro, ilustrado por Luz Beloso e publicado na Editorial Galaxia, desenvolverase no marco dun acto público no que tamén estará presente o editor de Galaxia, Francisco Castro, e o fillo da escritora a que rende homenaxe o Día das Letras Galegas 2021, Darío Gil Arias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2021.