Ir o contido principal

Congreso

Ampliación do prazo de presentación de comunicacións para o Congreso Internacional de Innovación e Economía Circular

Venres, 10 de xaneiro

Envío de comunicacións a rri-com@univ-littoral.fr ou grupo.icede@usc.es

O Congreso, promovido pola Research Network on Innovation (RNI) e o grupo ICEDE, ampliou o prazo ante o gran número de solicitudes de ampliación recibidas

Cartel do Congreso
Cartel do Congreso

As liñas temáticas xirarán arredor da interrelación entre innovación e Economía Circular; innovación e política de innovación; economía Circular e Políticas de Economía Circular; e sobre políticas medioambientais e sustentabilidade.

As comunicación presentaranse xunto cun resumo de dúas páxinas que inclúa a identidade de autores/as, título, palabras clave, resumo (pregunta de investigación, metodoloxía, resultados) e dez referencias bibliográficas como máximo. As persoas interesadas poden atopar máis información nas webs do grupo ICEDE ou da rede RNI. 

 


Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.01.2020.