Ir o contido principal

Universidade de Verán 2021

'Análise avanzada de textos e corpus textuais'

28.06.2021

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Texto. Fonte: Pixabay
Texto. Fonte: Pixabay

Neste curso da Universidade de Verán coñecerás as técnicas básicas da análise lingüística de textos e corpus textuais, combinando a exposición teórica coa práctica. Abordaranse os aspectos fundamentais da anotación morfosintáctica, tomando como base a experiencia cos corpus CORGA, ESLORA e CAES; profúndase nas aplicacións de consulta deses corpus, do CORPES e do CORDE; e introdúcense ferramentas de análise directa de textos procedentes dos sistemas Unix / Linux.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 30 horas lectivas, abrangue do 28 de xuño ao 2 de xullo. 

A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.

As prazas están limitadas 25 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 18 de xuño, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2021.