Ir o contido principal

Webinario

'Apaixonad@s pola Veterinaria!’, co epidemiólogo Javier Guitián

07.04.2021 | 19.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Javier Guitián comezou a súa carreira investigadora na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC, na que completou os estudos de licenciatura e o doutoramento na área de Sanidade Animal

Facultade de Veterinaria
Facultade de Veterinaria

O catedrático de Saúde Pública Veterinara no Royal Veterinary College de Londres Javier Guitián participa no webinario ‘Apaixonad@s pola Veterinaria!’ co relatorio ‘Veterinari@s e saúde pública global antes, durante e despois da COVID, actor ou espectador? Ti decides!’.

A sesión, que se encadra no marco do ciclo de actividades formativas e de divulgación organizado pola Facultade de Veterinaria en colaboración coa comisión consultiva externa creada no centro, desenvolverase de xeito virtual a través da plataforma telemática Teams.

As persoas interesadas en tomar parte neste foro interactivo poden facelo de xeito gratuíto a través desta ligazón web.

O webinario ‘Apaixonad@s pola Veterinaria!’ é unha iniciativa de periodicidade mensual a través da que o centro universitario lugués pretende favorecer o debate e a visibilidade de cuestións ligadas coa profesión veterinaria.

As sesións, que se celebrarán os primeiros mércores de cada mes, abordarán unha temática ampla relacionada co mercado laboral, xa coas actuais saídas laborais como cos novos nichos de emprego e outras oportunidades menos coñecidas, ao tempo que permitirán compartir experiencias vitais entre alumnado, docentes, investigadores e demais profesionais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2021.