Ir o contido principal

Conversas

Aprendendo das empresas: Negocios internacionais

23.03.2022 | 12.00h

Santiago de Compostela
Aula B

Con Ángel Lamas, director de Exportación en Torre de Núñez

Aprendendo das empresas: Negocios internacionais
Aprendendo das empresas: Negocios internacionais

Co fin de achegar o mundo da empresa ao alumnado, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC organiza o ciclo 'Aprendendo das empresas', unha serie de conversas na que responsables e persoal das diferentes áreas funcionais de diferentes organizacións explicarán entre outros aspectos, as funcións e os obxectivos  de cada unha desas áreas e as tarefas que se desenvolven nelas no día a día.

O mércores,  23 de febreiro ás 12.00 horas, a cuarta sesión do ciclo desenvolverase na Aula B da facultade, e contará coa presenza de Ángel Lamas, director de Exportación en Torre de Núñez. Dende a súa experiencia laboral, Lamas compartirá coas persoas asistentes os seus coñecementos en negocios internacionais. 

Todas as persoas que participan como relatoras foron parte do alumnado dos graos ou licenciaturas impartidas no centro, polo que as conversas tamén poden servir de referente para o alumnado actual. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.03.2022.