Con Cecilia Sierra, integrante do Departamento de Persoal de URO Vehículos Especiales S.A.

Achegar o mundo da empresa ao alumnado é o obxectivo do ciclo 'Aprendendo das empresas', unha serie de conversas organizadas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC na que responsables e persoal das diferentes áreas funcionais de diferentes organizacións explicarán entre outros aspectos, as funcións e os obxectivos de cada unha desas áreas e as tarefas que se desenvolven nelas no día a día.
A quinta sesión terá lugar o mércores, día 30 de marzo o ás 12.00 horas no Salón de Graos da facultade, e contará coa presenza de Cecilia Sierra, integrante do Departamento de Persoal de URO Vehículos Especiais S.A. Dende a súa experiencia laboral, Sierra compartirá coas persoas asistentes os seus coñecementos en materia de recursos humanos.
O evento conta coa colaboración das Cátedras Empresa Familiar Gallega.
Todas as persoas que participan como relatoras foron parte do alumnado dos graos ou licenciaturas impartidas no centro, polo que as conversas tamén poden servir de referente para o alumnado actual.