Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón na plataforma Microsoft Teams

O Campus da Cidadanía xunto coa Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (Vicerreitoría de Investigación e Innovación) organiza a sesión 'Aprendendo a protexer resultados de I+D', dirixida ao persoal investigador das áreas de Ciencias Sociais e Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela.
A videoconferencia, que terá lugar o vindeiro venres 5 de xuño ás 10.00 horas, será impartida por Patricia Guillén Monge, avogada (Attorney-at-Law) do departamento de Legal & Litigation de ABG Inlellectual Property.
Os temas a tratar serán os tipos de propiedade industrial e intelectual, tipos de obras intelectuais e os seus requisitos de protección e rexistro, copyright, copyleft, creative commons e software. Para rematar a sesión, a experta responderá as dudas dos usuarios nunha quenda de preguntas.
Para poder asistir a esta videoconferencia a través da Microsoft Teams é preciso realizar a inscrición nesta ligazón antes do mércores 3 de xuño ás 23:59 horas. Tamén, a sesión será gravada e poderá ser consultada posteriormente.