Ir o contido principal

Universidade de Verán 2021

'Unha aproximación ambiental aos obxectivos de desenvolvemento sostible no marco da economía circular'

14.07.2021

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Enerxía e natureza. Fonte: Pixabay
Enerxía e natureza. Fonte: Pixabay

Este curso da Universidade de Verán pretende achegarse aos ODS relacionados co medio ambiente, analizando a integración dos coñecementos científico-técnicos cos conceptos e ferramentas do novo paradigma da economía circular (EC). Trátase de analizar de que xeito os coñecementos e técnicas ambientais, económicas e sociais conflúen coa proposta transversal da EC, para camiñar cara os ODS.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 25 horas lectivas, abrangue do 14 ao 16 de xullo.

A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.

As prazas están limitadas 60 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 2 de xullo, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2021.