Ir o contido principal

Ciclo Pasados Incómodos

'Os arquivos de Negrín: como e por que os preservou. As consecuencias de abrilos'

30.05.2023 | 18.30h

Santiago de Compostela
Aula 14

Carmen Negrín imparte esta conferencia promovida polo Grupo HISTAGRA

Carmen Negrín imparte a última conferencia do Ciclo Pasados Incómodos no curso 2022/23
Carmen Negrín imparte a última conferencia do Ciclo Pasados Incómodos no curso 2022/23

O próximo martes 30 de maio terá lugar a última conferencia do Ciclo Pasados Incómodos de HISTAGRA do curso 2022-2023, que correrá a cargo de Carmen Negrín, diplomada en Ciencias Políticas e ex alto cargo da UNESCO, alén de neta e testamenteira do último presidente da II República Juan Negrín. 

Baixo o título 'Os arquivos de Negrín: como e por que os preservou. As consecuencias de abrilos', o relatorio desenvolverase ás 18.30 horas na Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia da USC, con asistencia libre ata completar a capacidade da sala. O relatorio pode tamén seguirse en liña a través de MS TEAMS.

Carmen Negrín

Nacida en 1947 en Jersey (EUA), a filla de Rómulo Negrín e da estadounidense Jeanne Francis Fetter, pasou parte da súa infancia en México e en París, na casa do seu avó Juan Negrín.  Tras o pasamento que fora o último presidente da II República, en 1960 volve a México co pai, que non lograra obter permiso de residencia en Francia.

Obtén a Licenciatura de Belas Artes na Universidade de Berkeley, así como a Diplomatura en Ciencias Políticas e Lingüística. Ao seu retorno a Francia en 1969, reemprende os seus estudos obtendo a Licenciatura de Letras Modernas na Sorbonne e un mestrado en Ciencias da Educación na René Descartes, que interrompería para ingresar na UNESCO.  Neste organismo desempeña altas funcións ata a súa xubilación en 2002, tras ser consultora de varios ministerios e institucións públicas francesas.

Na actualidade, é presidenta honorífica da Fundación JUAN NEGRIN onde exerce como  testamentaria do seu avó, xestionando o arquivo dos Ministerios de Facenda, Guerra e Presidencia do Goberno da República.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.05.2023.