Ir o contido principal

Xornadas

'Pasado Arrincado. Espazos da memoria democrática na Galicia do Franquismo e da Transición'

18 e 19 de abril de 2023

Santiago de Compostela
Aula 02

O grupo de investigación Hispona promove estas xornadas que se desenvolverán os días 18 e 19 de abril na Facultade de Xeografía e Historia

Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

A Facultade de Xeografía e Historia acolle as xornadas 'Pasado Arrincado. Espazos da memoria democrática na Galicia do Franquismo e da Transición', un foro cara á investigación, documentación e divulgación  que afonda nas experiencias das vítimas da represión e dos movementos cidadáns (así como os seus espazos) en contra da Ditadura e a favor da Democracia en Galicia, entre 1936 e 1978.

Coordinado por Emilio Grandío, desenvolverase os días 18 e 19 de abril das 11.00 ás 13.30 horas e contará coas intervencións de Manuel Pérez Lorenzo, Francisco Xavier Redondo Abal, Eliseo Fernández Fernández, Iria González Escolar, Ana Cabana Iglesia, Javier Frieiro Santaya e Enya Antelo. 

A asistencia é libre ata acompletar a capacidade da Aula 2 da Facultade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2023.