Ir o contido principal

Asemblea da Conferencia Nacional de Decanas e Decanos de Medicina

16.11.2023-17.11.2023 | 16.30h-21.45h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

A USC acolle o xoves 16 e o venres 17 a 84 asemblea xeral da entidade

Claustro do Pazo de Fonseca
O encontro terá lugar no Pazo de Fonseca

A Asemblea xeral da Conferencia Nacional de Decanas e Decanos de Medicina dará comezo o xoves 16 ás 16.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca cunha primeira sesión de traballo na que se presentará, entre outras cuestións, un estudo de xénero en diferentes ámbitos profesionais da Medicina e se informará sobre a creación de novas facultades.

O acto de inauguración do evento está previsto para as 17.30 horas e presidirao o vicerreitor de Profesorado da USC, Ernesto González Seoane, nunha sesión na que tamén está prevista a asistencia dos conselleiros de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; de Sanidade, Julio García Comesaña; da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; do vicepresidente da Conferencia, Antonio Compañ; e do decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, Julián Álvarez Escudero.

A segunda sesión de traballo desenvolverase o venres 17 no Salón Nobre a partir das 9.30 horas e rematará ás 13.45 horas. Nela analizarase o financiamento extraordinario pola creación de novas prazas nas facultades de Medicina. A terceira e última sesión terá lugar o mesmo día desde as 16.30 horas ata as 18.30 horas, con temas coma a análise do impacto da LOSU na docencia. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2023.