Ir o contido principal

Universidade de Verán 2021

'O asesoramento rural: presente e futuro'

21/07/2021 - 9.00 horas

Casa da Cultura de Taramundi

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Paisaxe de Taramundi
Paisaxe de Taramundi

O curso ‘O asesoramento rural: presente e futuro’, organizado e dirixido por Martín Barrasa Rioja e Koldo Osoro Otaduy, trasladará a Universidade de Verán 2021 á Casa de Cultura de Taramundi os días 21 e 22 de xullo. As persoas interesadas en consultar o programa poden facelo a través desta ligazón.

Os obxectivos deste programa estival  é o de analizar o estado actual do asesoramento no ámbito rural, ademais de expoñer os principais retos aos que se enfronta nun futuro próximo segundo as novas políticas agrarias comunitarias.

Este curso da Universidade de Verán 2021, para a que se ofrecen un máximo de 60 prazas, está estruturada en 16 horas lectivas, que se desenvolverán en quenda de mañá e tarde. As persoas matriculadas recibirán cadanseu diploma acreditativo unha vez rematadas as sesións programadas. A USC recoñecerá a asistencia a este curso con un crédito ECTS para o seu alumnado de grao.

O prazo de matrícula neste seminario da Universidade de Verán 2021, que conta con financiamento do Concello de Mondoñedo e da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, permanece aberto ata o 9 de xullo. O prezo da inscrición é de 70 euros, aínda que a USC ofrece unha taxa reducida de 40 euros a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos Alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2021.