13.08.2020 | 21.00h
Organizan o Observatorio Astronómico Ramón María Aller e a Universidade de Santiago de Compostela

Ribadeo acollerá o congreso público 'Astronomía nas Rutas Xacobeas', que ofrecerá unha actividade astronómica conformada por unha charla e a posterior observación das Perseidas.
A saída para realizar a actividade será ás 21:00 horas. É imprescindible a inscrición previa a través do teléfono da Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo, 982 12 07 01. É obrigatorio cumprir coas medidas sanitarias vixentes para a realización da actividade.