Ir o contido principal

Congreso público

'Astronomía nas Rutas Xacobeas' en Santa Comba

14.08.2020 | 21.00h

Santa Comba

Organizan o Observatorio Astronómico Ramón María Aller e a Universidade de Santiago de Compostela

Ceo estrelado. Foto: Pixabay
Ceo estrelado. Foto: Pixabay

O monte de San Bartolomeu, en Santa Comba, acollerá o congreso público 'Astronomía nas Rutas Xacobeas', que ofrecerá unha actividade astronómica conformada por unha charla e a posterior observación das Perseidas.

A saída para realizar a actividade será dende a casa da escola do Busto, ás 21:00 horas. É imprescindible a inscrición previa a través do teléfono 663 728 968. Se as condicións meteorolóxicas non son favorables, a actividade trasladarase ao día 21 de agosto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.08.2020.