Ir o contido principal

Exposición

'Atlánticas. Mulleres do Nordés'

Do 24 de xaneiro ao 25 de marzo

Claustro alto

Unha mostra de Viki Rivadulla organizada pola Área de Cultura da USC

Cartel da exposición 'Atlánticas. Mulleres do Nordés'
Cartel da exposición 'Atlánticas. Mulleres do Nordés'

Do 24 de xaneiro ao 25 de marzo, o  claustro alto do Pazo de Fonseca acollerá a exposición Alánticas. Mulleres do Nordés, da arista coruñesa de ascendencia muxiá, Viki Rivadulla. 

Atlánticas nace como unha declaración de principios e unha toma de postura ante unha forma de vida e unha cultura do mar da que a autora forma parte por legado e por desexo e que é intrínseca ao ser da Costa da Morte. De forma moi intensa, a presenza do lugar onde vive -Muxía-, está en todo o proxecto. Mais é un microcosmos exportable. Metáfora de moito máis.

Atlánticas canta una canción de resistencia e liberdade nas voces das mulleres “Porque, se non somos xentes do mar, que é o que somos? Que imos ser? Que queremos ser? Cal é o futuro? Haino?”

A exposición poderá ser visitada de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2022.