Ir o contido principal

Cultura

A Aula de Teatro estrea a peza ‘En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic’

Mércores 11 ás 21:00

Teatro Principal (Santiago)
Rúa Nova, 34

O Teatro Principal acolle este mércores a estrea da obra

Cartel da obra
Cartel da obra

O Teatro Principal de Santiago de Compostela será o escenario no que a Aula de Teatro da USC estreará a súa última obra titulada ‘En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic’. O acto terá lugar este mércores 11, a partir das 21.00 horas, malia que  o despacho das entradas estará aberto desde as 18.00 horas. 

Inma Fernández Rodríguez, Irene Penela Viqueira, Marta Casais Vidal e Antía González Cortegoso integran o reparto desta peza de 45 minutos de duración. Roberto Salgueiro é o responsable dos textos e da posta en escena. A entrada é de balde. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.12.2019.