Ir o contido principal

Presentación do libro

‘Os balnearios de Galicia. Descubre as súas posibilidades para a saúde’

Mércores 29, ás 11.30 horas

Colexio San Xerome (Salón Reitoral)
Santiago

A Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia impulsa a guía ‘Os balnearios de Galicia. Descubre as súas posibilidades para a saúde’. Esta publicación que será presentada este mércores 29, ás 11.30 horas, no Salón Reitoral do Colexio San Xerome, está dirixida a profesorado de primaria e ESO. A súa finalidade radica en servir de axuda para achegar ao alumnado coñecementos sobre augas mineromedicinais.

A publicación está dirixida a profesorado de primaria e ESO
A publicación está dirixida a profesorado de primaria e ESO

O acto estará presidido polo reitor Antonio López e no mesmo tamén tomarán parte Carmen Pomar Tojo, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional; Nava Castro Domínguez, directora da Axencia de Turismo de Galicia, entidade financiadora da Cátedra de Hidroloxía Médica USC - Balnearios de Galicia; Juan Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións da USC; Marisol Espiño, presidenta da Asociación da Propiedade Balnearia de Galicia; Lorena Casal Otero, membro do Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC e autora do libro; e Juan Gestal Otero, director da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.01.2020.