Ir o contido principal

Seminario

'Bangabandhu and Bangladesh Getting Closer to Spain'

10.03.2022 | 09.30h

Centro de Estudos Avanzados

A celebración do quincuaxésimo aniversario da independencia de Bangladesh e o centenario do nacemento de Sheikh Mujibur Rahman, Bangabandhu, pai da patria bangladesí, coincide cos dez anos de actividade da Cátedra Inditex na Universidade de Dhaka.

A Cátedra Inditex, en colaboración coa Embaixada de Bangladesh en España, celebra este seminario coa intención de achegar os dous países dende o ámbito cultural e social
A Cátedra Inditex, en colaboración coa Embaixada de Bangladesh en España, celebra este seminario coa intención de achegar os dous países dende o ámbito cultural e social

Moderado polos profesores Santiago Fernández Mosquera (USC) e María José Martínez López (UDC), o seminario 'Bangabandhu and Bangladesh Getting Closer to Spain' inaugúrase este xoves 10 de marzo, ás 9.30 horas, no Centro de Estudos Avanzados.

A celebración do quincuaxésimo aniversario da independencia de Bangladesh e o centenario do nacemento de Sheikh Mujibur Rahman, Bangabandhu, pai da patria bangladesí, coincide cos dez anos de actividade da Cátedra Inditex na Universidade de Dhaka. A Cátedra Inditex, en colaboración coa Embaixada de Bangladesh en España, celebra este seminario coa intención de achegar os dous países dende o ámbito cultural e social.

Interveñen no seminario o profesor e historiador Syed Anwar Hossain, o embaixador Arturo Pérez Martínez, o profesor Evaristo Zas da Universidade da Coruña e membro tamén da Cátedra Inditex; e o profesor José Virgilio Trabazo da Universidade de Santiago. Tamén se contará coa participación da directora da Cátedra pola UDC, María José Martínez; o profesor da Cátedra en Dhaka que actualmente está a gozar dunha estancia na UDC, Mirza Wasfi; así como a subdirectora da Cátedra María Vitoria Vázquez Rozas, da USC.

Tras a inauguración protocolaria, o seminario comezará coa intervención do profesor Syed Anwar Hossain desde Dhaka á que seguirá a presentación do primeiro embaixador de España en Bangladesh, Arturo Pérez Martínez. Tras unha pausa intervirán os profesores Evaristo Zas e José Virgilio Trabazo para que finalmente o embaixador de Bangladesh en España clausure o seminario.

A inscrición pode realizarse no enderezo santiago.fernandez.mosquera [at] usc.es (santiago[dot]fernandez[dot]mosquera[at]usc[dot]es)

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2022.