Ir o contido principal

Exposición

'Bicadora Duncan (un conto de Emma Pedreira)'

30.05.2023-15.07.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
2º Andar

A Facultade de Filoloxía inaugura o martes 30 de maio esta mostra integrada por textos e collages de Emma Pedreira

Cartel da exposición
Cartel da exposición

A exposición Bicadora Duncan (un conto de Emma Pedreira) será inaugurada este martes 30, ás 12.00 horas, no segundo andar da Facultade de Filoloxía da USC. A mostra está integrada por un conxunto de textos e collages de Emma Pedreira, quen participará na inauguración. A exposición, inscrita na sección de exposicións temporais do programa Contornos da Facultade de Filoloxía, poderá visitarse ata o 15 de xullo no horario habitual do centro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2023.