Ir o contido principal

Conferencia

'Big Data, gran responsabilidade: introdución a Maneage (Xestión da liñaxe de datos)', impartida por Mohammad Akhlaghi

23.03.2021 | 14.00h

Videoconferencia en Zoom

Evento organizado polo CiTIUS

Mohammad Akhlaghi, do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC)
Mohammad Akhlaghi, do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC)

O crecente volume, diversidade e función dos datos na investigación moderna fai que sexa difícil describir en detalle o procesamento  detrás dun resultado científico dentro dos límites dun artigo tradicional. Isto ocasiona que sexa cada vez máis complexo reproducir os datos que definen o progreso científico. 

A conferencia 'Big Data, gran responsabilidade: introdución a Maneage (Xestión da liñaxe de datos)', impartida por Mohammad Akhlaghi, abordara esta cuestión.

O evento desenvolverase en inglés, e pode seguirse en directo nesta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2021.