08.02.2022 | 12.00h
CiQUS Seminar Room e ZOOM
Organizado polo CiMUS

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares organiza o 8 de febreiro unha nova sesión das Actividades de Formación Titoradas do Mestrado de Química na Fronteira entre a Bioloxía e a Ciencia de Materiais.
O profesor Jesús Jiménez-Barbero, investigador Ikerbasque e director do CIC bioGUNE impartirá a conferencia 'Breaking the limits in understanding glycan recognition by NMR'.
O evento comezará ás 12 na CiQUS Seminar Room -con asistencia presencial limitada a 40 persoas- e poderá ser seguido tamén en liña a través de Zoom.