Ir o contido principal

Xornadas Internacionais

'Cadeas de valor, fluxos de materiais e economía circular'

21.07.2021-22.07.2021

Evento organizado polo grupo ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da USC

Cartel do evento
Cartel do evento

Nestas xornadas presentaranse os resultados alcanzados no marco do proxecto ECO-CIRCULAR (ECO2017-87142-C2-1-R) do grupo ICEDE.

Contarase, entre outras, coa participación de Valentina de Marchi, Profesora da Universitá di Padova (Italia), e de Miguel Varela, CEO da empresa TEIMAS.

As xornadas terán lugar de xeito presencial na Aula 20 da Facultade de CC Económicas e Empresariais e igualmente de xeito telemático a través de Microsoft Teams na seguinte ligazón. Descarga o programa aquí.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2021.