Ir o contido principal

Café de Linguas

02.11.2022 | 17.00h-18.00h

Cafetería EL SEU
Santiago de Compostela

O primeiro café de linguas do CLM do mes de novembro celébrase o mércores día 2 ás 17.00 horas

Café de Linguas. FOTO: Santi Alvite
Café de Linguas. FOTO: Santi Alvite

Esta actividade persegue fomentar o contacto entre persoas que poden pertencer a nacionalidades e culturas distintas pero que posúen algo en común: o seu interese na mellora das destrezas orais dunha ou varias linguas estranxeiras e o seu desexo de compartir experiencias e de aprender dos demais, de modo informal, a través de faladoiros e xogos.

Ao mesmo tempo, estes encontros fóra de aula teñen o obxectivo de exercer unha actividade de promoción de valores de respecto e tolerancia así como o aprecio pola diversidade de culturas.

Non se trata dunha actividade dirixida polo profesorado do CLM nin regrada e por ese motivo non se obteñen certificacións, nin créditos universitarios ECTS. Para ese fin o CLM ofrece as sesións de conversa

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.11.2022.