Sesións de conversa en diferentes linguas promovidas polo Centro de Linguas Modernas da USC que se desenvolven todos os martes das 17 ás 18 horas

Esta actividade persegue fomentar o contacto entre persoas que poden pertencer a nacionalidades e culturas distintas pero que posúen algo en común: o seu interese na mellora das destrezas orais dunha ou varias linguas estranxeiras e o seu desexo de compartir experiencias e de aprender dos demais, de modo informal, a través de faladoiros e xogos.
Ao mesmo tempo, estes encontros fóra de aula teñen o obxectivo de exercer unha actividade de promoción de valores de respecto e tolerancia así como o aprecio pola diversidade de culturas.
Non se trata dunha actividade dirixida polo profesorado do CLM nin regrada e por ese motivo non se obteñen certificacións, nin créditos universitarios ECTS. Para ese fin o CLM ofrece as sesións de conversa.