Ir o contido principal

Café de Linguas

02.05.2023 | 18.00h-19.00h

Cafetería SEU
Santiago de Compostela

A sesión de conversa do CLM deste martes desenvolverase das 18.00 ás 19.00 horas

Alumnado nun faladoiro informal do CLM. FOTO: Santi Alvite
Alumnado nun faladoiro informal do CLM. FOTO: Santi Alvite

O martes 2 de maio o Centro de Linguas Modernas da USC promove un nova sesión de Café de Linguas. Desta volta, a conversa contará coa presenza de Veronika Camacho de Azevedo, do Centro de Linguas da Universidade Masaryk de Brno, e terá lugar unha hora máis tarde do habitual, entre as 18 e as 19 horas na Cafetería SEU.

Esta actividade persegue fomentar o contacto entre persoas que poden pertencer a nacionalidades e culturas distintas pero que posúen algo en común: o seu interese na mellora das destrezas orais dunha ou varias linguas estranxeiras e o seu desexo de compartir experiencias e de aprender dos demais, de modo informal, a través de faladoiros e xogos.

Ao mesmo tempo, estes encontros fóra de aula teñen o obxectivo de exercer unha actividade de promoción de valores de respecto e tolerancia así como o aprecio pola diversidade de culturas.

Non se trata dunha actividade dirixida polo profesorado do CLM nin regrada e por ese motivo non se obteñen certificacións, nin créditos universitarios ECTS. Para ese fin o CLM ofrece as sesións de conversa

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2023.