02.11.2023 | 18.00h
Cafetería SEU
Nas vindeiras semanas, as xuntanzas terán lugar cada mércores en horario de 19.30 a 20.30 horas

O Café de Linguas persegue fomentar o contacto entre persoas que poden pertencer a nacionalidades e culturas distintas pero que, porén, posúen algo en común: o seu interese na mellora das destrezas orais dunha ou varias linguas estranxeiras e o seu desexo de compartir experiencias e de aprender dos demais, de modo informal, a través de tertulias e xogos. A vindeira sesión desenvolverase este xoves 2 de novembro, ás 18.00 horas, na Cafetería SEU. Nas vindeiras semanas, as xuntanzas terán lugar cada mércores en horario de 19.30 a 20.30 horas.