Ir o contido principal

Café de Linguas

07.12.2022 | 17.30h-18.30h

Cafetería SEU
Santiago de Compostela

De maneira excepcional, o Café de Linguas desta semana celébrase o mércores en horario de 17.30 a 18.30 horas

Sesión do Café de Linguas. FOTO: Santi Alvite
Sesión do Café de Linguas. FOTO: Santi Alvite

Esta actividade persegue fomentar o contacto entre persoas que poden pertencer a nacionalidades e culturas distintas pero que posúen algo en común: o seu interese na mellora das destrezas orais dunha ou varias linguas estranxeiras e o seu desexo de compartir experiencias e de aprender dos demais, de modo informal, a través de faladoiros e xogos.

Ao mesmo tempo, estes encontros fóra de aula teñen o obxectivo de exercer unha actividade de promoción de valores de respecto e tolerancia así como o aprecio pola diversidade de culturas.

Non se trata dunha actividade dirixida polo profesorado do CLM nin regrada e por ese motivo non se obteñen certificacións, nin créditos universitarios ECTS. Para ese fin o CLM ofrece as sesións de conversa

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.12.2022.