Ir o contido principal

Cafés do CIFEX 2024: 'O xénero en diversas especialidades da USC'

19.09.2024 | 19.00h

Santiago de Compostela
Sala Hipatia

Detalle do cartel da xornada
Detalle do cartel da xornada

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC organiza para o xoves 19 de setembro a xornada 'O xénero en diversas especialidades da USC' dentro do seu programa Cafés do CIFEX 2024. Será na Sala Hipatia da Facultade de Filosofía a partir das 19.00 horas.

A xornada inclúe os relatorios Antropoloxía do xénero: (re)coñecer a diversidade para comprender, a cargo de Guadalupe Jiménez Esquinas, da Área de Antropoloxía Social; Economía feminista: medir para (re)coñecer, por Eva Aguayo, da Área de Economía Cuantitativa; e Pedagoxías feministas: analizando o contexto para unha didáctica con perspectiva de xénero, a cargo de Milena Villar Varela, da Área de Didáctica e Organización Escolar. Modera Teresa Moure, da Área de Lingüística Xeral.

Cartel da xornada
Cartel da xornada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.09.2024.