Ir o contido principal

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

Como cambiamos cara a un planeta mellor?

11.02.2022 | 12.45h

Santiago de Compostela
IES Antonio Fraguas e ZOOM

Encontro promovido polo proxecto EqualSea-Transformative adaptation towards ocean equity

Como cambiamos cara a un planeta mellor?
Como cambiamos cara a un planeta mellor?

O xoves 11 de febreiro o proxecto EqualSea programa o encontro 'Como cambiamos cara a un planeta mellor?', un coloquio co alumnado do IES Antonio Fraguas no que participan referentes no estudo de mudanzas transformadoras e arelación entre ser humano e a natureza. 

O director do Equal Seal La, Sebastián Villasante presentará esta sesión  que será moderada por Natali Lazzari, investigadora da USC e que contará coas intervencións de Berta Martín-López, investigadora da Universidade de Leuphana (Alemaña); Antonio J. Castro, investigadora da Universidade de Almería; e Priscila Lopes, investigadora da Universidade Federal de Rio Grande do Norte (Brasil). 

O encontro arrancará ás 12.45 horas e tamén poderá seguirse en liña a través de ZOOM

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.02.2022.