25.03.2021 | 19.00h
Evento organizado pola Asociación de Antigos/as Alumnos/as e Amigos/as da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC)

Con motivo do cambio de hora desta fin de semana, o catedrático do Departamento de Física Aplicada na USC, Jorge Mira, impartirá a charla 'Cambio estacional de hora e fuso horario de España' nun evento en liña. Tras a conferencia do experto, terá lugar unha rolda de preguntas e un coloquio final.
Para asistir ao evento, que está aberto a todo o público, é preciso inscribirse a través do correo electrónico alumni [at] usc.es (alumni[at]usc[dot]es). Para máis información, pódese consultar a súa web ou ben contactar a través dos teléfonos 981 58 06 24 ou 640 03 43 39.