Ir o contido principal

O Camiño do Medievalista

03.04.2024-05.04.2024 | 09.00h-19.30h

Paraninfo da USC

Estudantado do Programa de Doutoramento en Estudos Medievais

VII Congreso Internacional "O Camiño do Medievalista: Chronicon mundi"

Detalle do cartel
Detalle do cartel

Pasado e presente converxían nas obras cronísticas realizadas durante o extenso período medieval. As producións resultantes do esforzo compilador, levado a cabo nos diversos scriptoria, conectaban a súa contemporaneidade coa traxectoria secular que lles precedía. Así pois, o papel convertíase nun lenzo onde plasmar a pegada das súas accións, que coñecerían as xeracións vindeiras. O leitmotiv era a memoria, que atravesa a idiosincrasia da mentalidade e cultura medievais. Actualmente, o labor investigador toma a testemuña dos copistas de outrora, recompilando e iluminando esas conexións entre tempos históricos que as fontes medievais permítennos alcanzar. Neste caso, a pluma imprégnase coa tinta da análise e a perspectiva crítica que caracteriza ás ciencias humanas. A memoria que se xera vese traducida en coñecemento histórico, recollendo, retomando e remodelando os resultados de traxectorias historiográficas precedentes.

Con esta nova edición do Congreso Internacional “O Camiño do Medievalista” buscamos elaborar unha crónica propia, unha antoloxía das novas investigacións que están a ter lugar no campo do medievalismo e que formarán parte da posteridade. En definitiva, pretendemos alcanzar un “Chronicon Mundi”, un espazo -aínda en branco- onde se plasme unha visión de conxunto de toda temática e xeografía que abarque o estudo do pasado medieval.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2024.