Ir o contido principal

Xornada de formación en liña

'O Camiño de Santiago. Ferramenta pedagóxica para a ensinanza de ELE'

27.03.2021 | 10.00h

En liña

Unha vez formalizada a inscrición no envento, enviarase a ligazón para seguilo en liña

Cartel do evento
Cartel do evento

A xornada de formación 'O Camiño de Santiago. Ferramenta pedagóxica para a ensinanza de ELE' estará estruturada en catro partes. 

En primeiro lugar, dende Compostela, a inauguración correrá a cargo de Antonio López, reitor da USC; Nava Castro, directora de Axencia Turismo de Galicia; e Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago. Dende Finlandia, contará con Katriina Kurki, presidenta da Asociación de Profesores de Español de Finlandia; e Luis Tejada Chacón, embaixador de España en Finlandia. Para rematar, dende Alemaña participará Irune Arratibel Irulegui, conselleira de educación en Alemaña, Dinamarca, Finlandia, Noruega y Suecia.

A primeira conferencia, titulada 'O Camiño de Santiago. Unha historia que continúa', será impartida por Juan Manuel Monterroso Montero, profesor Historia da Arte da USC e exdirector Cátedra do Camiño.

A segunda conferencia, titulada 'O Camiño de Santiago, os novos peregrinos do século XX e XXI', será impartida por Pilar Taboada de Zúñiga, directora-xerente de Cursos Internacionais da USC.

Para clausurar o acto, sortearase unha beca para realizar un curso de formación de profesores de tres semanas de duración entre os asistentes a esta xornada. Podes inscribirte nesta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2021.