Ir o contido principal

MOOC

‘O Camiño de Santiago nas redes sociais

21.06.2021

En liña

Esta acción formativa está impulsada pola Cátedra do Camiño e das Peregrinacións, froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia

Cartel do evento
Cartel do evento

‘O Camiño de Santiago nas redes sociais’ é un MOOC destinado a profundar na relación entre a cultura e as plataformas sociais, e como estas novas ferramentas poden converterse en vehículos de aprendizaxe e difusión do patrimonio, empregando o patrimonio cultural xacobeo como exemplo a estudar e sobre o que traballar.

A inscrición neste curso masivo, en liña e aberto, pode formalizarse premendo nesta ligazón. O curso está liderado por Miguel Cajigal, cuxo alcume é ‘O Barroquista’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.06.2021.