Ir o contido principal

Acto de inauguración

Campaña 'A boa Medicina'

14.10.2021 | 13.30h

Organiza a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela

Cartel da campaña
Cartel da campaña

'A boa Medicina' é unha campaña de dinamización lingüística destinada a limar os prexuízos lingüísticos do alumnado, especialmente o de 1º curso e o que chega desde fóra de Galicia, e que será presentada o vindeiro 14 de outubro ás 13.30 horas.

Esta iniciativa pretende contribuír a racionalizar os posibles prexuízos contra a lingua e a cultura galega, sensibilizar o alumnado en relación aos seus compañeiros e compañeiras galegofalantes, favorecer o mantemento lingüístico do alumnado galegofalante, promover o respecto e dar a coñecer os dereitos lingüísticos na USC.

En liña co anterior, 'A boa Medicina', que se desenvolverá en outubro, novembro e decembro, contará cunha campaña propagandística de sensibilización con roll-ups, imaxes para as redes sociais, información sobre os dereitos lingüísticos na USC e unha actividade participativa con materiais de agasallo.

Tamén mellorará a información sobre os usos lingüísticos do grao na web, organizará máis obradoiros e un curso de lingua galega (nivel A) para non galegofalantes (CLM), así como un programa de voluntariado lingüístico para aprender ou ensinar galego por parellas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.10.2021.