Evento organizado polo programa Woman Emprende en colaboración a USC e o Concello de Santiago de Compostela

No marco da cuarta edición Feira de Emprendedoras de Compostela, este ano dedicada á cultura e ao sector artístico, o programa Woman Emprende da USC e o Concello de Santiago colaboran na organización do Campus de Emprendemento que se desenvolverá do 26 ao 29 de setembro na Igrexa da Universidade e no Teatro Principal de Compostela.
Entre as 17.00 e as 20.30 horas, o programa 'Sal de Ti, coñecécete a través do teatro' inclúe sesións de formación de balde para universitarias da USC con inquedanzas por explorar a través das técnicas teatrais as súas habilidades, os seus soños, e medrar como persoas e futuras profesionais. A participación nestas actividades, esixe inscrición previa a través deste formulario.
Tras a formación, o día 30 de setembro, as alumnas realizarán unha mostra teatral no propio Teatro Principal, a carón de Mónica García, pertencente ao Grupo Chévere, e da artista interdisciplinaria Celia Pía.