Ir o contido principal

Climántica

Campus Xuvenil de Sensibilización fronte ao Cambio Climático

13.04.2022 | 13.00h

Actividade vencellada ao proxecto Erasmus + EducinemaCTA

Climántica-Campus xuvenil de Sensibilización fronte ao cambio climático
Climántica- Campus xuvenil de Sensibilización fronte ao cambio climático

O proxecto de educación medioambiental Climántica celebra estes días o seu 20º Campus Xuvenil de Sensibilización fronte ao Cambio Climático tras 2 anos de espera. 

Do 9 ao 13 de abril, as instalacións de Fábrica Centro Ciencia Viva de Aveiro volveron converterse na sede do campus xuvenil tras máis de dous anos de ausencia pola situación derivada da COVID-19.

O mércores 13 de abril ás 13.00 horas, o auditorio Aveiro EXPO acollerá o evento de clausura do campus, coas intervencións do presidente da Cámara de Aveiro, do Vicerretor de investigación da Universidade de Aveiro e dos directores de Climántica e Fábrica. O acto incluirá un certame das curtametraxes creadas no campus e a representación da obra de teatro musical A Volta ao Clima en 10 Escenas.

O evento completo poderá seguirse en liña a través desta ligazón.

Climántica

Climántica é froito do traballo en equipo levado a cabo por diferentes expertos e que se iniciou en setembro de 2006. O equipo Climántica consta  de catro grupos de traballo –didáctica, edición gráfica, multimedia e asesoría científica – que traballan coordinados mediante o uso dunha plataforma colaborativa situada na intranet da web do proxecto.

A parte de Climántica que está dirixida ao alumnado de secundaria expón –ao longo de oito unidades didácticas, os grandes problemas ambientais, á vez que os relaciona co cambio climático a nivel global. Todas as unidades foron deseñadas para que a súa aplicación nas diferentes áreas, materias e módulos da ensinanza secundaria resulte interesante, sinxela e eficaz. Tamén hai produtos que van dirixidos ao ensino primario, deseñados nun marco máis lúdico e próximo á fantasía infantil – cómics, series de curtos de animación 3D, videoxogos – e outros para a cidadanía en xeral como blogs na web, documentais e revistas.

Acto de clausura do Campus Climántica
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.