Sala de Xuntas
A especialista na aplicación de metodoloxías moleculares para la xestión e conservación de recursos pesqueiros Naiaria Rodríguez-Ezpeleta presentará en Veterinaria as alternativas rendibles que ofrece a xenética fronte ás pesquerías tradicionais

A especialista na aplicación de metodoloxías moleculares para la xestión e conservación de recursos pesqueiros Naiaria Rodríguez-Ezpeleta, quen tamén é a coordinadora do Laboratorio de Xenómica Eco-Evolutiva aplicada á Xestión Mariña do centro tecnolóxico vasco AZTI, ofrece este mércores 2 de novembro, a partir das 12.30 horas, na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria da USC, o relatorio co título ‘Cara a unha xestión pesqueira baseada na xenética’.
Na súa intervención, Rodríguez-Ezpeleta falará sobre a necesidade de explorar enfoques alternativos ou complementarios para mellorar as avaliacións da pesca, un campo no que a xenética, na súa opinión, ofrece alternativas rendibles respecto das prácticas tradicionais, a pesar de que estas novas posibilidades aínda non son unha realidade.